Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



venres, 5 de abril de 2024

Modificacións na miña resonadora (5)

Por fin empezo a monta.

Vou poñer unha pastilla no interior 



Pegoa na cara interna do cono


E atraves de un furado suxeto a entrada do jack 


Coloco o como e cerro coa tapa


Suxeto tamén o cordal 


Axusto a cexuela ou noz


Coloco as clavixas 


Tapo os parafusos do diapasón con epoxi mesturado con polvo de lixar o diapasón 


Unha vez seco lixo e limpo os restos 
(Debinlle cargar mais só polvo, pero bueno)


Hidrato o diapasón con aceite de limon


Coloco as cordas


Afino...
E listo






domingo, 24 de marzo de 2024

Modificacións na miña resonadora (4)

 Countinumos

Agora fago os buratos na pala



Lixo e igualó ben o mástil e despois doulle un tinte oscuro 


Furo e con cianocrilato coloco os marcadores do mástil 


Barnizo o mástil de despois duns días igulo con lixa e pulo con abrillantador 


Suxeto o mástil con torcas polo interior poño un par de parafusos no diapasón que posteriormente ocultarei


Agora co sistema habitual igualo os trastes


Con un lima recorono e suavizó os extremos dos trastes


Coa axuda de un taco lixo para quitar as raias da lima


E agora pulo os trastes

domingo, 17 de marzo de 2024

Modificacións da miña resonadora (3)



Empezo co diapasón marcando e facendo os buratos dos marcadores e os cortes para os trastes


Pego os marcadores e lixo facendo o radio 


Pego agora unha cenefa plástica con cianocrilato 


Preparo unha cuña necesaria pra manter na unión a alineacion correcta en altura 


Coloco o alma e protexo con cinta adhesiva 


Boto cola


Pego e prenso


Logo de sacar as prensas dou forma á pa e tamén desbasto a madeira dos laterais


Cravo os trastes


Coa escofina e o bastren acabo de tallar o mástil

venres, 8 de marzo de 2024

Modificacións da miña resonadora (2)

 


Agora toca facer un mástil novo.
Para o iso corto unha unha táboa cos graos axeitados e encolo os dous anacos para facer a pala


Pego tamén uns anacos de madeira para o zoque


Fago coa fresadora o canal para o alma


Recorto polos laterais 


Marco o zoque e colocó un par de parafusos para a unión 


Suxeto ao corpo e vou comprobando que ás alineacións sexan correctas 


Pego un reforzó na pala e fágolle o burato de acceso ao alma


Desbasto a preparo o zoque 



luns, 26 de febreiro de 2024

Modificacións na miña resonadora (1)

 Vou facer unhas modificacións na miña guitarra resonadora que contruín fai uns anos.

A caixa da guitarra está feita en aceiro inoxidable de 1 mm, esto fai que sexa bastante pesada. Vou cortar e reducir o espesor do material a 0'8 mm así como reducir tamén o ancho da guitarra 

Tamén farei un mástil novo para correxir algúns defectos e usarei unhas madeiras máis lixeiras.

A intención é deixar unha guitarra máis lixeira e cómoda 


O primeiro e desmontar.


Marco unha liña para cortar


Corto coa radial, quito as rebabas e axusto


Corto, axusto e punteo unha traseira nova en 0'8 mm de aceiro inoxidable 


Soldo coa TIG deixando un cordón fino sin aporte


Repaso con coidado a soldadura 


Quito as raias e dou brilo 


Limpo con un pano suave e esta parte da modificación que rematada