Bueno, o outro día falei de cousas raras que podíanse ver nas pistas, e raro, pero raro, raro, tamén é ver a un atleta borracho, pero asi foi como apareceu en Laussane o saltador ruso Ivan Ukhov no 2008, cheo coma un pelexo, iase para os lados, non daba quitado o chándal...e cando intentou saltar caeu coma un paxe na colchoneta. Daba noxo vamos.
Según parece tiña mal de amores e estivo pimplando un pouco...
Henry Rono tamén tivo problemas co alcohol. Este atleta no ano 1978 maravillou ao mundo cando no plazo de 81 días batiu catro records mundiais ( 3000 lisos, 3000 obstáculos, 5000m. e 10000m.), o merito é maior si temos en conta que o dia anterior ao record dos 5000m. estaba borracho según conta el mesmo. Acabou na indixencia debido ao alcoholismo pero afortunadamente rehabilitouse e hoxe exerce como entrenador
.
Richard Chelimo tivo menos sorte. Este magnifico atleta tivo o récord dos 10000m. a principios dos 90, pero con 24 anos deixou o atletismo e dedicouse a beber e coller peso. No 2001 á idade de 29 anos falece víctima dos excesos.
Pois resulta que con esto da afición de darlle ao alpiste apareceu unha variante atlética que segun parece chamse Hasing. Esta actividade naceu en Malasia, e o tema consiste en ir correndo uns 20 ou máis km. e pasar por uns puntos de control donde obligatoriamente hai que beber alcohol, fanse grupos ou equipos e gana o que primeiro chegue á meta, pero esixeselle un mínimo de alcohol en sangue. Según fontes da miña total confianza algúns entran cantando "Miudiño, miudiño..."
Esto... ocurriuselle a un inglés.
Mirade para á foto, rumorease que o que diseñou esta pista tamén estaba baixo os efectos do alcohol, porque bonita si que é pero o que se di practica e funcional non parece moito.
Está ben...a cousa ten truco, en realidade non é unha pista de atletismo, é o tellado do vestuario mailos accesos de un polideportivo que está en Villafranqueza, Alicante, o arquitecto era un bacilón, pero ben podía ser unha pista de Calatraba ou un diseñador destos modernos..
Pero esta si que é unha pista de verdade, e tamén está en Alicante, en Edda, e tamén podría ser de Calatraba. A pista é reglamentaria pero como pode verse meteronlle a maiores, e de xeito opcional, unha pequena subida para darlle un pouco de aliciente según din. Debaixo están vestiarios.
Non está mal a idea.
Estoutra non é reglamentaria, mide 87 metros en total, e non me estrañaría que fose a pista de atletismo mais pequena do mundo. Está en Anchorage, Alaska, según parece pertence a unha tenda de calzado, a pista chamase Kalgin koch mini-track, alí a xente pode provar as zapatillas, pero tamén se fixo algunha que outra competición. Por exemplo para unha milla hai que dar 19 voltas máis 13 metros, e a mellor marca feita alí esta en 4´45´´, que non debe ser fácil por moito que corras.
O que non sei si o tío se dopou con Biodramina, nin si tamén ten a volta rápida.
O que non sei si o tío se dopou con Biodramina, nin si tamén ten a volta rápida.
Outro día máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario