Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



venres, 31 de xullo de 2015

Un rato con curiosidades do atletismo XX

 
Vamos con un pouco de curiosidades de prensa amarela
Moitos atletas aproveitan o feito de ser mais ou menos famosos para sacarlle algún rendimento á sua poularidade

Vexamos algúns exemplos














Vamos a empezar con Maite Zuñiga, atleta española especializada en medio fondo que foi nada menos que 22 veces campiona de España e duas veces finalista olimpica, ademais batiu en  12  ocasións algún record de España







Pois a Maite poidemola ver participando no programa Supervivientes, un reality galiñeiro de telecinco. Maite gañou o concurso levando como premio 200.000 Euros













Fiona May Foi unha atleta italiana de orixen  británico especialista en salto de lonxitude e triple.
Entre outros éxitos destacan as duas medais de ouro en mundiais de atletismo














Despois de retirarse do atletismo fixo algún traballiño como actriz, e participa con frecuencia en
programas e realitys da televisión italiana
















Joanne Feen foi unha atleta mediofondista britanica, medallista mundial é atleta olímpica. Esta rapaza antes de centrarse ao cen por cen no atletismo dedicabase a cantar e compoñer música, incluso puido participar no concurso britanico de Operación Triunfo pero declinou a oportunidade decantandose polo deporte.












Pero unha vez finalizada a sua carreira deportiva volveu a retomar a sua carreira músical, chegando como compositora a colocar algunha das suas cancións nas listas de éxitos britanicas












Manolo martínez foi o mellor lanzador de peso que tivo nunca o atletismo español, ten un bronce e un ouro mundiais, plata e ouro nos europeos, e un bronce olímpico que lle chegou 9 anos despois de Os xogos de Atenas por esas cousiñas do doping.











Pero Manolo tamén é un artista polifacetico. Fixo algunhas exposicións de escultura e pintura. Tamén escribe e publica poemas, relatos e articulos, toca en un grupo de música e traballou en duas peliculas, unha serie de televisión e un par de cortos.
Ademais foi concelleiro no sue concello polo Partido Popular










Carl Lewis, o "fillo do vento", elegante e mítico velocista estadounidense ten unha traxectoria deportiva espectacular, con 9 medaias de ouro nos Xogos Olímpicos e 7 ouros nos Mundiais de atletismo entre outras grandes fazañas.







Unha vez retirado do atletismo quixo ser actor e apareceu en numerosas peliculas e programas de televisión, ainda que sin demasiado éxito.
Según parece fai anos tamén grabou un disco e últimamente andaba metido en política












O británico Jonathan Edwars está considerado como o mellor triplista da historia, e na miña opinión o máis elegante. Ten medaias a saco, entre elas detacan a de ouro en europeos, mundiais e Xogos Olímpicos. Edwars era un devoto cristiano, ata o punto que ao princio da sua carreira negabase a comprtir en domingo.











Entre outras cousas esto levouno a presentar un progama na BBC chamado Songs of Praise, que estaba dedicado a música relixiosa.
Pero a vida da moitas voltas e en 2007 perdeu a fe para volverse ateo, e sugún as suas palabras agora é "máis feliz que nunca"












Bruce Jenner foi un atleta estadounidense da decada dos anos 70, unha figura do atletismo mundial. Gañou a medaia de ouro nos Xogos Olímpicosde Montreal na dificilísima disciplina de Decatlon.








Despois da sua retirada como deportista aproveitou a fama para convertirse nunha figura televisiva en Estados Unidos, protagonizando varias series e peliculas. Ademais tamén é coñecido por ser o padrastro das irmáns Kardashian, que a sua vez son coñecidadas ( a lo menos no meu pueblo) polo seu pandeiro













Pero como dixen antes a vida da moitas voltas, e nos ultimos meses  de este  2015 Bruce pasou de novo a ser noticia mundial por declarar públicamente o seu cambio de sexo. Agora chamase Caityln Jenner e é unha muller.








Leryn Franco é unha atleta olímpica paraguaia especialista en lanzamento de xabalina. Nos seus inicos tamen facia probas de velocidade e saltos. Actualmente é  plusmarquista do seu pais con 57.77 m. pero a pesar de eso as suas marcas e resultados a nivel internacional son mais ben discretos, destacando un segundo posto nos xogos iberoamericanos e a representacion  do atletismo de Paraguai nos Xogos de Atenas, Pekín e Londres.









Pois esta rapaza seguramente e máis famosa que a plusmarquista mundial da especialidade, e todo pola sua faceta como modelo e presentadora de TV donde actualmente conduce un programa deportivo no seu pais. Ademais participou no concurso de Miss Paraguai  e  Miss Bikini of the Universe. Tamén é a imaxe de algunhas marcas e adoita a sair en posando para algunhas revistas. Tampouco é aprimeira nin vai ser a ultima. Si pagan ben, claro

Ningún comentario:

Publicar un comentario