Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



sábado, 5 de marzo de 2016

Un rato mutante



Hoxe inicio unha nova andadura en este caótico blog.
Pouco a pouco irei insertando frases polas que teño unha especial debilidade. Tratase da miña colección/recopilación de frases mutantes. E que son as frases mutantes? Pois ben este é un termino que define as frases ou expresións que alguén di coa intención e pensando que di unha cousa,  pero xa sexa por ignorancia ou por error acaba decindo outra. Ainda que tamén ás veces a frase muta intencionadamente.
O termino de "frases mutantes" non é meu, a verdade é que o lin en algún sitio en inernet e non recordo donde, pero como me parece moi acertado empecei a utilizalo eu tamén.

Aquí deixo unhas poucas.


Esto no é pataca minuta
A los echos me repito
A empresa está sin cartos porque ten moitos amorosos
Veulle a menopausia e acabouse a mensualidad
Que o señor o teña en conserva
Sempre pagan xusto os pecadores
Todos vimos da costilleta de Adán









Non se deben vender as campanas ao vuelo
Colleulles o toro o tren
Puxerono a parir de un burro
Fuma mais que unha galiña
Reia a perna solta
Puxose a mirar ondeando o horizonte











Cruzaronselle as pilas
A verdade é que non merece a perna
E tan xoven que aínda o vexo moi premeditado
Ali arriba hai unhas preciosas vistas pararoicas
Vaime como anillo ao pelo


Ningún comentario:

Publicar un comentario