Despois de moito tempo Volvo por aquí para amosar Unha reparación e cambio de mastil a unha das miñas guitarras
Esta a guitarra que reparei.
Tiña un problema na madeira da ponte, debido a tensión exercida polas cordas e a causa da mala calidad da madeira está cedeu e estaba rota.
En esta foto podemos ver por donde estaba agrietada e rota a madeira, preto de donde cortei para sanear.
Despos de cortada a madeira arrincouse con facilidade
O corpo viña fresado coa típica pileta que simplifica e abarata o traballo, pero que debilita e quita resonancia á madeira
Así pois preparei un taco para encher o burato
Axusteino coa máxima precisión que puiden
Botei cola e prensei cunhas torniquetas
Coloquei o pickguard
E cambiei o mástil de arce por un con diapasón de paorosa
Coloco a ponte e as cordas
Calibro todo e así queda rematada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario