Vou facer unhas modificacións na miña guitarra resonadora que contruín fai uns anos.
A caixa da guitarra está feita en aceiro inoxidable de 1 mm, esto fai que sexa bastante pesada. Vou cortar e reducir o espesor do material a 0'8 mm así como reducir tamén o ancho da guitarra
Tamén farei un mástil novo para correxir algúns defectos e usarei unhas madeiras máis lixeiras.
A intención é deixar unha guitarra máis lixeira e cómoda
O primeiro e desmontar.
Marco unha liña para cortar
Corto coa radial, quito as rebabas e axusto
Corto, axusto e punteo unha traseira nova en 0'8 mm de aceiro inoxidable
Soldo coa TIG deixando un cordón fino sin aporte
Repaso con coidado a soldadura
Quito as raias e dou brilo
Limpo con un pano suave e esta parte da modificación que rematada
Ningún comentario:
Publicar un comentario