Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



venres, 1 de novembro de 2013

Historia de Cambre nun rato I







Según penso eu, por ser dun sitio ou doutro non hai que estar nin orgulloso nin avergonzado, pero eso non quita de que eu pense que ser de Cambre e unha sorte, a min gustame, e como homenaxe ao meu pobo decidínme a escribir aquí un pouco, son cousas que lin ou me contaron, e vouno facer de memoria, así que o que escriba non e moi de fiar, un pouco de historia mal contada

Ala espuniii !!!



Por si non o sabiades en Cambre vive xente dende hai seculos, parece ser que atoparonse restos prehistoricos moi preto do pabellón municipal, detrás do do colexio, e tamén restos celtas, nun sitio que se chama curiosamente o Castro. Os restos son escasos xa que por aquela época, o mesmo que ocurre na actualidade, a maioría da poboación xa debía ser máis ben deportivista, e máis do Espuni, (nome que ven de Sputnik un cacharro que os rusos mandaron ao espacio), ese é o nome de guerra do glorioso Sporting Cambre, un dos equipos mais punteiros na liga das Mariñas, e que tivo a inmensa fortuna de contar entre as súas filas con un torcebotas coma min.




Pedras, máis ou menos como as que
usaban celtas e romanos

Bueno, esto viña a conta dos celtas pero en Cambre tamén estiveron os romanos, encontraronse restos de unha vivenda en pleno centro do pobo, debía ser algo así como o chalet de fin de semana de Julio Cesar ou Marco Antonio, en Cambre levase moito o tema do chalet polo que a aparición de esos restos non e nada sorprendente, da vivenda en cuestión conservanse moi ben catro pedras e os alicatados dos baños, xa que eran de primeira calidade, da grifería non se conserva nada. 

Edificio emblema de Cambre
Pero por Cambre pasou máis xente, barbaros e piratas, ingleses e franceses... de todo, xente da boa e tamén moita morralla que viñan a o pobo con moi mala idea, a rapiñar e darlles polo redondo a os paisanos, ademais moitos tamén tiñan a fea costume de querer destruila igresia poñendolle lume e cousas polo estilo, e a xente do pueblo claro, veña a reconstruila, porque sempre era a xente, os curas, obispos ou moxes que tamén houbo en Cambre, estaban moi ocupados atendendo ás súas cousas,  rezando e facendo ...o que faga esta xente. E que en Cambre sempre houbo moi boa xente, e traballadora, e ningún e mal comedor, gracias a eso aínda hai hoxe igresia en Cambre, e o pobo e coñecido "mundiamente" pola sua igresia romanica adicada a Santa María de Cambre, porque... esa é outra,  non o ides a creer, pero a virxen María tamén pasou polo pobo, e non so iso, senon que ademais foise a sentar nuha pedra a un sitio que se casualmente chamase a "Pena da nosa señora", ninguén a viu, pero sabemolo porque os expertos entendidos na materia da época viron unha pedra con unhas formas moi raras, e despois de analizala exhaustivamente, utilizando metodos e tecnoloxía da época, chegaron á conclusión de que esas eran as marcas foron deixadas polo cu e mailo lombo da virxen, e si alguén opinaba o contrario que levantara o dedo que daquela explicabanllo mellor. E todos dixeron que si, que si.



Silvas (zarzas)
Eu de neno quixen vela pedra (sempre fun moi curioso) e levaronme a un sitio cheo de toxos e silvas, dixeron "creo que esta ahí debaixo, pero agora non se pode ver" i eu dixen " vale, vale" e ata hoxe.
Toxos (pinchos en flor)
A ver que sal de ahí


Dentro da igresia hai imaxes da virxen, loxicamente, pero hai unha tallada en pedra que destaca por riba de todas, máis que nada por ser tosca e burda según os expertos, vamos que así como Miguel Angel sacaba as suas obras clavadiñas clavadiñas, de esta podese dacir que "bah, un aire si que ten", pero vamos que o artesano (os expertos xa nin lle chaman artista) pondría moita idea, pero lucir moito non se luciu. Pero o que conta é a intención, ademais está colocada tapiando unha porta que daba ao antigo cemiterio dos monxes polo que ten a súa utilidade, e tamén é antiga, i eso creo xa lle da o seu valor


En Cambre tamén tivemos cabaleiros templarios, estos tíos son responsables da construcción da ponte que comunica o Burgo con un sitio que se chama casualmente O Temple, que é donde estaban eles, os tipos andaban pa riba e pa baixo buscando o Santo Grial, e buscando buscando atoparon en terra santa un enorme recipiente de pedra e trouxerono para a igresia do pobo, porque según lles dixeron era un dos envases donde o nosos señor Xesucristo ( tamén coñecido por Jesusito de mi vida) cando estaba de boda transformou o auga en viño
Hidra de Cana, donde se milagrou o viño
En Cambre había un bodegueiro ( chamado o Quimico) que seica facía máis ou menos o mesmo, e aninguén lle parecia milagroso

Duas cousas se saben con seguridade
1- O recipiente procede de aquelas terras
2- Por aqueles tempos xa se coñecian e utilizaban os equibalentes do timo da estampita, tocomocho, truco do almendruco...
Decir que na actualidade a igresia está a pleno rendimento e non lle falta clientela, no verán traballa moito o tema das bodas, hai moita xente fina que ven casar ao pobo, xa se sabe que unha igresia rural de pedra, dalle máis categoria ao evento que unha moderna desas de hormijón. Donde vai parar...



Bueno, podería seguir contando, pero con esto por hoxe creo que xa vai ben...
Outro día sigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario