E continuo falando do edificio mais emblematico que temos, a igresia, lugar de culto do pobo donde a xente relixiosa e/ou supersticiosa, facendo uso dos dez condimentos vai adobar a dios.
Típico pasadizo secreto |
Untamiento de Cambre |
Preto da igresia está outro edificio de vital importancia no pobo, este é o concello. Non sei moi ben a función de este edificio, creo que alí é donde vive o alcalde. Dentro está todo cheo de despachos con mesas, sillas. Tamén hai ordenadores e funcionarios que se sentan diante deles. , O alcalde é a segunda ou terceira persoa que máis manda en Cambre. Este señor ten alí unha especie de haren de concejales, sempre dispostos a facerlle a vida o mais placentera posible
Hai unha lenda que di que a ningún deles se lles debe dar de comer despois de media noite xa que se transformarían. Non sei, igual estou equivocandome por qué beber si que poden. Sobre todo gin-tonic.
Típico albañil |
Fai uns anos o Untamiento era moi frecuentado por uns albañiles chamados constructores, que como casualmente pasaban por alí e aproveitaban para facer unha visita e presentar os seus respetos.
Agora seguen indo, pero con menos frecuencia, xa que segun me dixo a min un deles, "agora xa non se construcciona tanto"
O que pon ahí é certo |
Colexio de Cambre |
De este colexio sairon grandes homes e mulleres, e tamén moita morralla, todo hai que decilo. Pero entre outras grandes personalidades cabe destacar que pasei eu, e tamén a campiona olimpica en Londres Sofía Toro, medalla de ouro en vela. O pavillón municipal contiguo, en homenaxe a esta, leva o nome da rapaza que as malas lenguas chaman coruñesa....
Campo da feira |
Outro elemento vertebrador e fundamental na vida do pobo e o campo da feira, donde o día dous, e o terceiro domingo de cada mes hai feira. Na feira podese mercar gran variedad de productos, un paraguas, un chandal de Nike, zapatillas, calcetíns, bragas... todo moi barato. Cando eu era un rapas aparte de para a feira e as festas este campo tamén servía para que os rapaces xogáramos ó futbol. Hoxe sirve de aparcamiento, pero hay unhos bancos para que senten os bellos a tómalo sol ou os rapaces a fumalos porros
No campo da feira tamén se celebra anualmente o Rock in Cambre, actividade ludico cultural que consiste en facer concertos de varios grupos musico-vocais preferentemente de estilo rock. Polo festival xa pasaron autenticas lendas de este xénero musical tanto nacionais como internacionais. Non é broma
Este evento e moi popular entre a xente mais nova que aproveita este acto para socializar e confraternizar,e sempre con armonía e moderación. Sin embargo algunhas veces algún que outro rapaz pose malo e acaba botando a pota. Suele ser por qué comen un hamburgesa uo calquera cousa que comeu e non lles senta ben
E bueno...
Ningún comentario:
Publicar un comentario