Rio mero, as apariencias enganan... |
O río tamén ten as historias e lendas, como esa da troita xigante algún troiteiro conta que pescou unha vez. Ou tamén está a do Pozo da Campana, lugar tenebroso cheo de misterio do se que conta que ao pasar por alí ás veces podese escoitar como ven das profundidades do río o sonido dunha campá...
Esto é o presaxio de que algo terrible nos vai suceder, como por exemplo perdelas chaves do coche, pillalos dedos nuha porta ou morrer empachado, calquera desgracia pode ocurrir.
O pozo é moi profundo, eu teñome bañado alí, e que eu sepa ninguén tocou nunca o seu fondo, outra cousa que se conta é que nese fondo impenetrable ocultouse en algunha ocasión a campana da igresia, co fin de evitar que a birlaran os malos en épocas de moito follón, e vaite ti a saber si non quedaría algunha alí, imposible de recuperar, que se fai oir algunha vez cando unha troita xigante lle da co rabo.
En cambre como temos río, temos pontes, moitas, máis que nada para poder cruzar sin mollalos pes, e ademais están casi noviñas de todo, fixeronse para sutituir as antigas que afeaban moito a paisaxe, seguindo ademais sempre que se poidese, o criterio de empregar para eso materiais de peor calidade que os orixinais, así dentro de uns anos volvense a sustituir e reactivase a economia local, donde había ponte de pedra puxose de cemento, e donde había ponte de cemento puxose de madeira, todo con vistas cara ao futuro.
Ponte do burgo |
-Ponte nova da Telva, a actual é a terceira que eu vexo.
-Ponte nova das Insuas, cando eu era rapaz esta ponte (vella) era frecuentada por un señor que invitaba aos rapaces novos a ir a tomar algo a súa casa "para amistad o lo que surja"
Muiños de Naia (o que queda) |
fame e lle roen as tripas, non se preocupe que é normal, xa que estamos pasando ao lado de unha fabrica de piensos.
-Ponte nova do Noceiro, é de madeira, no veran alguns rapaces usan este espacio natural para darse un baño, tamén é un bo sitio para ir fumalos porros
Ponte nova de Cela, aqui había unha de pedra, desmontarona pedra a pedra para montala noutro sitio pero despois cambiaron de idea e ninguén sabe o que fixeron con ela.
Comportas do embalse de Cecebre |
Ponte nova de Peirallo, aquí hai un merendero, eche tamen unha zona donde os rapaces se bañan e fuman porros. Tamén hai un muiño que creo que aínda funciona.
Ponte do Noceiro |
Todos estos lugares podense visitar xa que o río Mero consta de un paseo fluvial por ambas márxenes do río
Quero comentar tamén, que preto da ponte do Noceiro temos a Fonte da Telleira, avituallamiento natural que proporciona auga fresquiña da que eu me surto cando paso por ahí, distinguese porque ten un par de tellas por donde mana a auga que nace dunhas pedras
Vaca emporrada |
Do outro lado do río, efrente á fonte, hai unha vella telleira que xa non funciona, alí si hai suerte podemos ver en reximen de semiliberdade, uns poucos exemplares dunha especie animal que está vías de extinción en Cambre, a vaca cambresa,(chuletonius leiterius), este animal flatulento pasa as horas pacendo e protexido nesta reserva, lonxe do perigro de acabar nuha parrillada ou hamburguesería, (o da hamburguesería é broma).
Si en algún momento vos sentides acosados por algún exemplar, non vos poñades nerviosos, hai que mantela calma, basta con elevalo tono de voz e decirlle:
"Piru.... ceatras ohhh....ou nonvelavara...."
Segiremos informando
Ningún comentario:
Publicar un comentario