Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



sábado, 21 de decembro de 2013

Historia de Cambre nun rato IV








Pois eso, presa de Cecebre

Seguimos
En Cambre temos un embalse, chamase Presa de Cecebre, e da época de finales dos anos 60, en tempos da república monárquica, mandouno construir o caudillo Fran Cisco I el franco, da dinastía dos Franco, porque según parece había un contubernio internacional para crear unha conspiración xudeomasónica comunista en contra de Cambre.
Franco morreu na novena temporada de Cuentame



Alfredo Landa é o bandido Fendetestas




Para a súa construcción considerouse que era oportuno aniquilar afogando e sumerxindo un pobo chamado Orto. Alí abaixo quedou. Agora cando descende o nivel de auga aínda se pode (ou podia) ver asomar decindo "hola" a puntiña do campanario da igresia.
Tamén se levou por diante a maior parte do bosque animado de Wenceslao, fogar do bandido Fendetestas.
¡Me caso en soria...!!!


Los peces en el río






Por contra olvidaron construir unhas escalas icticas para que as especies migratorias da fauna fluvial  poidesen remontalo río, e así este non quedase aislado. Actualmentec tampouco hai moita intención de facelo a pesar de que a lei esta ahí dende principios do século XX, eso si, estase plantexando a posivilidade dunha instalación hidroeléctrica, e tamén volveuse á carga coa idea de convertilo embalse nun lugar apto para a nautica deportiva, ¡aos paxaros que lles den polo redondo!, ademais para os turistas sempre quedarán os mosquitos, o Blak Bas, o cangrexo americano, as carpas fosforitas...


Estación de procesamento 




Hai que decir embalse esta cheo de auga, un líquido transparente que se almacena ahí porque non é inflamble, posteriormente procesase na traída de augas  da Telva, alí transformase nunha bebida sin alcohol que se destina para A Coruña.




Unha veciña




Este producto que é moi preciado, vai canalizado para que a xente poida abastecerse de el a través do grifo, xa que é un articulo moi necesario e goza de gran demanda os días de resaca, pero ten outros moitos e multiples usos e cualidades, por exemplo, serve para facer un giso uo un caldo, combinado con xabrón ten propiedades limpiadoras e desinfectantes, así mesmo si se emprega adecuadamente tamén aumenta de manera considerable a producción de viño ou leite entre outros productos.




Seguiremos informando.













Ningún comentario:

Publicar un comentario