Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



domingo, 5 de xaneiro de 2014

Historia de Cambre nun rato V









Socioloxía

Bonita postal navideña


En este apartado hai que decir que Cambre actualmente é unha zona residencial composta por casas, chalets que son casas vip, e tamén están os pisos que viñeron co progreso.

Paco Mtnez Soria interpretando a un Cambres
Chalet


Nas casas vive a xente máis rural e rústica. Esta fauna autoctona está en vias de extinncion, pero sabemos por alguns indicios arqueolóxicos que antiguamente esta xente adicabase a prantar patacas e criar algún cocho, galiñas etc... O seu tempo de ocio adicabano a ver Luar,  xogar ao tute ou a mover un dos elementos vertebradores do rural galego, os marcos das leiras. Preferiblemente de noite. Os homes vestían sempre pantalón largo e usaban complementos coma o sacho ou a jadaña, as mulleres levaban un mandilón e zapatillas de cuadros con calcetins. O seu idioma é o  jallejo de pueblo

Señores posando para sair como gilipollas na foto







Os chalets están habitados por unhas curiosas criatuiras que apareceron por Cambre ( la aldea ) para pasalos fines de semana, moitos decidiron quedar aquí permanentemente, seica así desconectan.








Polo xeral son xente que voluntariamente aparenta ter moita viruta, os homes levan zapatos náuticos, un xersei polo lombo e pelaso, as mulleres zapatos de defensa personal coa punta e tacón afilados,  bolso diminuto ou industrial, fulares fucsia ou leopardo e melena al viento. Falan castellano con acento madrileño, e arrastrando moito a S "sabesss" e teñen dificultade para pronunciala B  "saesss"

Pisos



Nos pisos vive a xente máis diferente e variopinta, un tutifruti de traballadores, parados, estudiantes, larchans, pseudopijos, chonis, boa xente, morralla... o seu nivel económico depende do día do mes que se faga o estudio. A súa vestimenta tamén e moi variada, si ben xeralmente a súa procedencia é das tendas de Zara, aínda que tamén hai quen compra na feira.
Moita xente




Poden falar castellano, jallejo, madrileño, galego, pero un dos idiomas máis frecuentes e o castelán estilo Paco Vázquez nos máis veteranos, o coruño arrasa nos rapaces novos


Unha destas duas persoas é rica





En Cambre como en todolos pobos tamén temos ao tonto e ao rico do pueblo, fai anos estos postos etaban moi clarificados, si ben na actualidade existe unha gran competencia para disputar esta distinción honorífica,
en concreto para o posto primeiramente mencionado os candidatos multiplicaronse, e sorprendentemente, como nas grandes cidades, incluso hai quen podería ser aspirante aos dous postos simultaneamente


Ningún comentario:

Publicar un comentario