Pois resulta que eu son un pouco aficionado ao atletismo, e bueno, hoxe douseme por empezar un recopilatorio de curiosidades e anécdotas sobre o mundo deste deporte.
A ver que tal queda.
As primeiras prácticas documentadas que existen sobre esta actividade deportiva son da época da antiga Grecia, segun parece organizabanse competicións de carreiras, lanzamentos... o curioso é que os atletas competían sen roupa. Despois non se ten máis coñecemento da practica deste deporte de forma organizada ata o seculo XIX, foi cousa dos ingleses aos que se lles dou por volver a facer carreiras e cousas así, pero por desgracia xa non se practicaba en pelotas, unha pena porque estou convencido de que si se retomase a idea, o atletismo gañaría en seguidores e pasaría a ser un deporte de masas.
Como foron os britanicos os que retomaron o rollo este, eles fixeron a primeira federación, e decidiron que para correr había que seguir a normativa británica de circulación, que obriga a circular pola esquerda no sentido da marcha. Por eso na pista de atletismo correse en sentido contrario as agullas do reloxo.
A proba mais emblemática das carreiras de fondo e a maratón, esta ten unha distancia de 42Km. e 195 metros, esta distancia tan peculiar é debido a que nos primeiros xogos de Londres en 1908, en principio íanse correr 38 Km. pero como chovía ao pricipe dos guiris douselle por pedir que a saída fose dende o castelo de Windsor, que lle quedaba máis a man e así non se mollaba. A meta no estadio tamén se modificou para que o principe e a señora Queen poidesen ter mellor visibilidade.
En España, nalgunha ocasión tamén se modificou a meta para poñela a metade de recta enfrente ao palco, para que o claudillo Francisco primero el Franco, apreciase ao detalle os finais das probas de 800m.
Outras curiosidades, o lanzamiento de peso nalgunhas partes chamaselle lanzamento de bala, esto é porque orixinalmente lanzabase unha bala de canón de 16 libras inglesas, esto segue sendo exactamente o mesmo peso que se lanza na actualidade.
O do martelo e mais cousa da parte escocesa, alí aínda se practican uns xogos anuales (highland games) nos que lanzan troncos, tiran da corda etc. pois tamén se practicaba algo parecido, e logo empezouse a introducir nas universidades inglesas e de ahí o atletismo.
Sobre o salto con pertiga o que me chamou a atención é que inicialmente a pertiga era máis ben un varal, e usabase para trepar por el e así poder superar o listón a maior altura
En canto ao salto de altura hai que decir que si collemos a mellor marca saltada por un atleta, e a esa cifra restamoslle a estatura de individuo que a fixo, temos a Franklin Jacobs 1.73 m. de altura e Stefan Holm 1.81m. que ambos saltaron 59 cm. de diferencia sobre a súa estatura e serian os mellores saltadores.
En 1977 os kenianos empezaba a asombrar ao mundo atletico, e había un tipo chamado Samson Kimobwa que non se lle daba mal eso de correr, de feito nunha reunion en Helsinki batiu o record mundial dos 10000m. sin enterarse nin darse importancia, cando a pe de pista preguntaronlle si estaba contento polo record do mundo, el non entendía nada, explicaronlle que era o home máis rapido do mundo na distancia, "este ano ano?" preguntou el, "nooon de sempre", dixeronlle, el sorprendeuse e incredulo dixo, "eso non pode ser, pero si nin siquera son o mais rapido da miña aldea, ali hai un tipo que me gaña sempre..." e non mentía.
Ao ano seguinte outro keniano chamado Henry Rono batiu os records mundiales de 10000, 5000, 3000 e 3000 obstaculos.
Rono despois tivo problemas co alcohol, pero deso falarei máis adiante.
Kimombwa morreu a principìos de 2013
Outra historia chamativa foi a deste xapones.
En 1981 Kimo Nakajimi foise a Londres a disputar unha proba que consistía en 26 millas (menos de 42km.) pero o tio non entendeu ben, e polo que parece andaba un pouco despistado, xa que pensaba que tiña que
correr 26 dias... O caso é que despois de cruzala mete el seguiu, e seguiu...e como viron que non paraba e arrancaba por alá adiante, tiveron que ir tras del ata o quinto inferno e caro costou convencelo de que parase
Este tamén era xaponés moi simpatico
Shizo Kanakuri, estaba disputando o maratón olímpico de Estocolmo en 1912, o tipo este no km 30 estaba desfeito e parou a descansar, tomou un zumiño e depois veulle a soneca e quedou dormido polo que non completou a proba, avergonzado e casi escondido regresou ao seu pais sin que ninguén se enterara do acontecido aquel día, e como ninguén soupo nada del foi dado por desaparecido, 54 anos despois regresou para completar a distancia.
Mais historias de dormilóns, Wim Esajas era un medio fondista de Surinam, en 1960 tiña que correr os 800 m. facendo así que o seu pais debutase nuns xogos olimpicos, pero non apareceu, dixose que quedara dormido e ainda que el sempre o negou quedoulle para sempre o alcume de dormilón e tamén moito
cachondeo. En 2005 cando estaba hospitalizado a causa duha infermidade terminal, o comité olímpico do seu pais entreguolle unha placa e unha carta de disculpa, en dita carta recoñecíase que a famosa ausencia foi debido a un fallo do comité, xa que se cambiaran a orden das series e non se informara ao corredor.
15 dias despois Wim Esajas morría
Bueno por hoxe vale.
Outro día poño máis que quedan moitas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario