Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



domingo, 6 de abril de 2014

Un rato con curiosidades do atletismo V



Hoxe vou falar dos atletas africanos así como dos atletas descendentes de persoas con orixen africano, dos negros vamos... dito esto con todo respeto.




Os atletas negros do continente americano son descendentes de escravos de orixen africano, suelen ser musculosos, fortes, e con moita potencia que os fai veloces. Esto é debido a que os tratantes de escravos escollían os "exemplares" máis fortes para así obter unha maior ganacia na venta,  a xente con estas características anatomicas é máis frecuente na costa oeste de africa, o que facilitaba o traballo dos cazadores debido á proximidade co punto de saida a America .


Durante o longo e penoso "transporte" a America moitos morrian , e en boa lóxica sobrevivían os máis fortes, e dos que quedaban tamén eran abundantes os que expiraban debido ás condicións e traballos a que eran sometidos. Así pois é natural deducir que os descendentes desa xente  sexan hoxe en día fisicamente poderosos
Jamaica é a gran potencia da velocidade mundial, anteriormente durante 200 anos a illa foi a maior exportadora de azucar do mundo gracias á man de obra escrava procedente de Africa, que superaba 20 veces en número aos brancos







Os dominadores da velocidade mundial son descendentes ou pertencentes ao África occidental, pero tamén os mellores fondistas son negros africanos ou de orixen africano, a maioria pertencen ao Africa oriental, de novo a xenética inflúe, son xente de pouco peso, pernas e xemelgos moi longos e unha musculatura de gran elasticidade. Habitualmente veñen de Eritrea, Somalia, Etiopía e sobre todo de Kenia.


Kenia ten unha poboación bastante similar á de España, e no ano 2012 no ranking mundial de maratonianos de entre os 100 primeiros, 49 eran de Kenia, o dato é expectacular pero agora imos a a ver algo aínda máis sorprendente.
 En Kenia existen distintos grupos étnicos, aínda que pouco numerosos os máis coñecidos a nivel xeral son os Masais, pero tamén están os Kikuyu, Lutha, Luo, Kamba como máis numerosos.





Pero os máis coñecidos a nivel atlético son os Kalenjin, xa que sendo apenas o 11% da poboación do pais a xente desta étnia consegue máis do 75% das medallas kenianas, e ocupan o 40% dos postos de honor nos rankings de fondo e mediofondo a nivel mundial, sendo eles tan só o 0,05% da poboación mundial.
Para os kalenjin correr habitualmente é unha tarea máis da sua vida cotian, e o feito de poder dedicarse ao atletismo e unha forma de conseguir  prosperidade na vida, e sobre todo para as mulleres representa unha independencia económica prácticamente imposible de acadar de outra forma. A maioría dos nenos e xóvenes kalenjin soñan con ser atletas.

Cubana preparando un cubata


Actualmente para os atletas de Kenia  utilizase o xentilicio de "kenianos" pero cando eu era un rapaz  chamabanse "keniatas",  ¿por que se cambiou?...non sei...pero eu creo que foi porque por esa regla de tres si os deKenia son keniatas os de Cuba deberían ser cubatas. Digo eu...  




Moitos dos nomes dos kenianos empeza por "Kip" si é un home, e por "Chep" ou  "Jep" (ainda que se pronuncian igual) si é unha muller. Normalmente o nome fai referencia oa nacemento

Agúns exemplos.


Kipkoech – naceu na madrugada.
Kipkorir- naceu antes do mencer
Kipkemboi – naceu de noite
Kipngetich – naceu despois de ordeñalas vacas cando se levaban a pastar
Kiprotich – naceu pola tarde cando se ordeñaban as vacas despois de recollelas
Kipngeno – naceu cando despertaban as cabras
Kiprono – naceu de noite cando as ovellas e cabras estaban na casa
Kipkeino – naceu cando se ordeñaban as cabras
Kiplimo - naceu cando apastaba o gando.
Kipketer – naceu na terraza
Kipchoge – naceu preto de donde se almacena o grano
Kipsang – naceu ao aire libre.
Kipkurgat – naceu na porta
Kimaiyo – nació cuando la cerveza se elabora o borracho.
Kipruto – nacido fuera de casa.
Kipchumba – naceu preto dos brancos,( hospital, finca, casa...)
Kiptalam – naceu durante unha plaga de langostas.


Tamén hai apodos...

Tergat –  o que camina coa cabeza a un lado

Barmasai – que matou ou capturou a un Masai.

Barsosio – quen colleu unha pranta  moi apreciada.








Ningún comentario:

Publicar un comentario