Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



domingo, 18 de maio de 2014

Un rato con curiosidades do atletismo VI





Imos aló




Budhia con alguns curiosos e algún animal
Budhia Singh, naceu no 2002  nun barrio moi pobre da India, o seu pai morreu moi pronto e a súa nai entregouno a un vendedor ambulante cando tiña tres anos a cambio de 800 rupias, despois foi mercado por un entrenador de judo, que foi quen quen gracias a un castigo que o obrigaba a correr sin parar duante horas (léase maltrato) descubriu o gran talento do rapaz (léase continuou maltratando e ademais comenzou a explotalo),  e puxo ao rapaz con catro anos correr maratons e carreiras de longa distancia, convertindo así a Budhia nuha celebridade por selo maratoniano máis xoven do mundo.
E aínda que o maltrato infantil é algo moi frecuente en moitos paises, entre eles A India, non quita que a min me entren ganas de darlle unhas boas hostias a ese entrenador de judo cabrón.



 Super (¿diessel?) Paco






 Francisco Contreras Padilla traballou gran parte da súa vida no campo e na construcción,  un día o médico recomendoulle andar un pouco, e Francisco levouno ao extremo convertindose así en Super Paco.
Este home participa en gran número de travesias e carreiras de montaña, primeiro por Andalucia, despois por España  tamén en probas internacinais de longa distancia: Destaca pola súa idade de 75 anos, é tamén porque vai sempre equipado cos "últimos avances" tanto a nivel textil como tecnolóxico
A súa carreira máis longa foi de 184 Km. en 48 horas








Por aquí tamén tivemos a un veteranísimo campión mundial, con quen eu tiven a sorte de coincidir en moitas carreiras populares, este era Julián Bernal, ferrolano de adopción, comenzou a correr con 76 anos cando enviudou, e así estivo ata 10 dias antes falecer en Marzo de 2010, correndo e encadendo éxitos, campeón mundial, plusmarcas mundiais, europeas.......
Parecía lixeiramente tímido,modesto e humilde.
Un bo tipo





Incombustible Ottey





Merlene Ottey, atleta xamaicana de nacemento que os últimos anos compite por Eslovenia, é a única atleta que competiu en sete xogos olimpicos, conseguio 14 medaias, tamén é a atleta con máis finais en campionatos do mundo, con 52 anos é a participante de maior idade nuns campionatos de Europa absolutos, en 100 m. ten todos os records mundias en todalas categorías dende os 35 ata os 54 anos.
E ademais é unha muller guapísima









Emiel Pauwels, de Belxica, con 95 anos era o atleta máis loxevo da historía, leveva correndo dende os 14 e tiña máis de mil medaias no seu haber, cando a esa idade diagnosticaronlle un cancer tomou a decisión de acabar coa súa dilatada carreira deportiva, abriu as portas da súa casa para despedirse dos seus amigos ao grande, fixo unha festa, brindou con champán e despois someteuse a unha eutanasia en Xaneiro de 2014 (a eutanasia e legal en Belxica)






Fauja acompañado de Cara, Billi e Lulu

Fauja Singh é un venerable ancián británico que nunca corta o pelo, o motivo é que pertence a unha comunidade relixiosa do Panyab, entre a India e Pakistán, pero o dato máis chamativo deste home é o de selo primeiro atleta que corre unha maratón con máis de 100 anos, sendo así o maratoniano de maior idade do que exista constancia, si ben polo que teño entendido non hai documentos oficiais que poidan acreditala súa idade. 
Ben, o tipo retirouse da competición en 2013 cuns teóricos 101 anos.








No meu pueblo o mais veterano e Jesús Montero, mais coñecido por Nardo, un grandísimo aficionado e atleta popular, que no seu dia tivo moi boas marcas, e que en parte é culpable da miña afición a esto de correr.
Lembro cando eu era un rapaz e as vellas vian a Nardo correr pra riba e pra baixo, era raro que algunha non comentara algo como..."Xa hai que ter boa jana... ¿que janará con eso?... Se foras traballar..."
E eu pensaba... "¿E ti por que non vas frejalos cacharros? Lercha!!!"







Outro día máis


















Ningún comentario:

Publicar un comentario