Este blog pretende mostrar alguns dos meus traballos feitos de maneira artesanal, tamén falo sobre outras das miñas aficións e temas que me interesan. (Etiquetas, metal, acero, inox, hierro, madera, historia, cambre, bricolaje, humor, atletismo)
Nota
Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA
xoves, 26 de xuño de 2014
Un rato con curiosidades do atletismo VII
Trampas e disculpas.
Katrin Krabe foi unha das mellores velocistas europeas da decada dos 90. Nacida na Alemania oriental era unha especie de simbolo da nova Alemania unificada destacando tanto polos seus exitos deportivos
como pola sua beleza e simpatia.
Un dia nun control anti doping parece ser que intentou cambiala mostra de orina por outra que levaba camuflada nuha especie de tampón, pero como a tiñan moi vixiada non puido dalo cambiazo e tivo que facelo seu propio pipí dando positivo por clombuterol.
Por suposto ela sempre negou que se dopara e a explicaba o positivo debído a un medicamento para o asma. (non deixa de sorprenderme a enorme cantidade de atletas que padecen asma.)
Devis Licciardi é un fondista italiano moi pillo que foi sorprendido intentando pasar un control anti doping usando un pene falso no que levaba oculta orina limpa.
Este pene falso ten un mecanismo con un dispositivo que simula un chorro aparentemente natural e podese
comprar facilmente por internet. O producto anunciase descaradamente como unha solución para pasalos controis e informa que inclue un video con instruccións.
Lashawn Merritt, atleta estadounidense especialista e campeón olimpico en 400 m. tamén dou positivo en
tres ocasións no ano 2010. A sua explicación non foi que se dopaba senon que estaba usando un producto vigorizante para propiciar un alargamento no pene. Pois coloulle e reduxeronlle a sanción a tres meses.
Esas cousas pasan por querer usar esas mallas tan apretadiñas
Dennis Mitchell, outro velocista estadounidense que dou positivo. Tiña uns indices de testosterona excesivos e el xustificouse decindo que a noite anterior bebera unhas cerveciñas e e botara catro polvetes. Pois casi lle
cola porque a federación USA aceptou a sua tesis e tivo que vir a federación internacional a sancionalo con dous anos.
Dieter Bauman, atleta alemán campión olímpico de 5000 en Barcelona, dou positivo por nandrolona, na sua
defensa argumentou que posiblemente algún enemigo ou rival ixectoulle o producto prohivido na pasta de dentes que utilizaba habitualmente.
Non colou
O saltador cubano Javier Sotomayor dou positivo por cocaína en 1999. Como é habitual Sotomayor negouno todo. Os seu medicos comentaron que o atleta tomara un té de coca, e falaron de manipulacións no
laboratorio. O mesmísimo Fidel Castro saiu na sua defensa alegando unha cospiración por parte da CIA para envenenalo, e así sabotear e desprestixiar a revolucón cubana. So cumpliu unha parte da sanción, e dous anos despois volveu a dar positivo, esta vez por anabolizantes.
Outro día máis
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario