Fai poucos dias podemos ver á chamativa imaxe da atleta olimpica Alysia Montaño completar unha proba de 800 m. embarazada de 8 meses. E houbo quen levou as mans á cabeza xa que ver a unha atleta competindo en ese estado non é habitual, a maioría de mulleres atletas cambian a súa actividade por outra que consideren máis acorde co embarazo. Alysia sempre estivo baixo control medico, e incluso estos a animaban a que continuase coa súa actividade dado que según parece correr non só non é perxudicial senon que ten os seus beneficios tanto para a muller como para o feto, xa que preven o exceso de peso, a dor lumbar, a diabetis xestacional, estimula a circulación sanguinea reducindo o risco de varices, hemorroides, disminue o insomnio e o estrés, e entre outra moitas cousas o exercicio aerobico fomenta o transporte de oxíxeno e nutrintes para o feto e facilita o parto e a recuperación posterior.
Cada caso é diferente, e en ocasións o exercicio fisico está contraindicado pero en este en particular ¡ben por Alysia!!!
Por certo esta atleta sempre corre con unha flor no pelo do tamaño dun repolo
Competir durante o primeiro ou segundo mes de embarazo é algo máis habitual, como no caso da
norteamericana Karen Cosgrove que completou unha maraton en 2 horas 46 minutos no seu primeiro mes de xestacion, si ben despois continuou facendo exercicio pero non competiu ata despois do parto. Incluso é habitual reaparecer aos poucos meses de dar a luz, e ademais mellorar as marcas que se tiñan antes do parto.
Tamen sospeitase que algunhas atletas utilzaron (¿utilizan?) o embarazo como dopaxe natural. As embarazadas aumentan o volumen sanguineo nas etapas iniciais do embarazo é posible mellorar o rendimento xa que se mellora o aporte de oxíxeno aos musculos. Asi pois elixese unha competición e programanse as fechas, vaise a unha especie de piscifactoria donde os embarazos os fan a man, e despois da competición abortase.
Hai xente pa todo.
O mes pasado tamén tivemos a triste noticia do pasamento da veterana atleta Olga Kotelko, esta muller tiña a particularidade de que a pesar de que empezou tardiamente no atletismo, cosechou mais de 500 medaias e pulverizou 26 marcas en varias disciplinas atleticas, non so en correr. Iniciouse no atletismo por recomendación dunha amiga á idade de 77 anos e tomouno moi en serio, os seus resultados eran tan abraiantes que foi obxeto de estudio por varios expertos concluindo en que as suas claves estaban na sua tenacidade e competitividade. Vamos que era moi testana.
Faleceu con 95 anos
Sejiremos informando
Ningún comentario:
Publicar un comentario