Un pouco de ambigüedade
No mundial de Berlin en 2009, a sudafricana de 18 anos Caster Semenya ganaba a final de 800m. femeninos, a sua marca e a sua xuventude unida sobre todo ao seu aspecto físico fixeron que se desataran sospeitas sobre o seu sexo, esto fixo que se tivera que someter a varias probas nas que se descubriron anomalías internas e uns niveles de testosterona que triplicaban a tasa normal. Despois das probas a Federación Internacional de Atletismo anunciou que Semenya tiña unha anomalía cromosómica pero que non lle impedia competir como muller sin limitación algunha.
Como é loxico a rapaza pasouno mal con esta esposición pública polo que se puxo en contacto con Maria Mutola para pedir consello, xa que a esta no seu día tampouco lle faltaron criticos polo seu aspecto pouco femenino. Elas que non se coñecían entablaron amistade e actualmente Mutola entrena a Semenya
Fai poucos meses na prensa publicouse que Semenya estaba comprometida con planes de boda con Violet Raseboya, quen tamén é atleta, incluso se dixo que o pai de Caster xa pagara a dote como ben sendo costume por estas zonas.
Semenya disipou os rumores negando o compromiso.
Vou poñer esta información en mans de Lidia Lozano.
Un dos primeiros casos de sospeitas de identidade sexual foi alá polos anos 30 cando a polaca Stanislawa Walesiewicz tras sufrir unha derrota acusou a Hellen Stephens de ser un home, Stephens someteuse voluntariamente a un examen para disipar as posibles dudas.
Anos despois cando Stanislawa xa era estadounidense recibiu un disparo durante un atraco e morreu, a autopsia desvelou que era ela quen en realidade tiña organos xenitais masculinos, polo que a falsa acusación puido ser unha maniobra de distracción.
Aínda así conserva un título olímpico como muller
Heidi Krieger foi unha lanzadora de peso alemana que foi campiona de europa, retirouse en 1990. Krieger foi sistematicamente dopada con esteroides anabolicos, agora ten moitas secuelas fisicas e de saude, pero o máis curioso é que según conta, os rasgos fisicos masculinos que se lle produxeron polo dopaxe, levarona a tomala decisión de cambiar de sexo e convertirse en un home.
Heidi agora e Andreas e esta casado con Ute Krause, unha antiga nadadora alemana que tamén foi víctima do dopaxe polos seus entrenadores.
Outra da que se teñen sospeitas de este tipo de dopaxe e a señora Florence Griffith, quen dende 1988 conserva o record mundial dos 100m. Griffith morreu aos 38 anos a causa dunha apoplexía cerebral. Era moi coñecida polas suas largas e extravagantes uñas. E tamén porque se afeitaba todolos dias
Totalmente distinto é o caso de Ybonne Buschbaum, unha pertiguista alemana que brillou en mundiais, europeos e Xogos Olimpicos, pero tiña un problema xa que sentíase un home dentro dun corpo de muller.
Así pois, aos 27 anos decidiu someterse a un tratamento con hormonas e unha posterior operación de cambio de sexo.
Cando anunciou que ía convertirse en home dixo que renunciaba para sempre ao atletismo.
Agora chamase Balian, é entrenador, modelo, e partiocipou no programa alemán de Mira Quien Baila.
Ainda me quedan máis anecdotas.
Segiremos informando
Ningún comentario:
Publicar un comentario