Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



luns, 6 de outubro de 2014

Un rato con curiosidades do atletismo XII



Hoxe vou falar de atletas que por un motivo ou outro compaxinaron o atletismo con outros deportes. 
Xa falei de Lolo Jones e outros atletas que facian tameén deportes de inverno, pero en outras disciplinas deportivas hai máis casos. 

Vexamos. 



Un dos casos máis conocidos é o de Carlota Castrejana, que foi olímpica en Barcelona 92 conseguido diploma polo quinto posto coa selección de baloncesto, e tamén tres veces olimpica en atletismo, na especialidad e de triple salto. Tamén conseguiu ser campiona de Europa en pista cuberta.
Despois de retirarse do atletismo regresou ao baloncesto unha tempada máis na elite nacional.








Do baloncesto tamén chegou ao atletismo Aauri Bokesa, empezou por casualidade xa que pedironlle si podía cubrir unha vacante para os 400 m. O clube AD Maratón de Madrid non tiña ningunha atleta para correr esa distancia, e a través duns amigos chegaron a ela que aceptou o reto quedando terceira na proba.
Agora ten cinco títulos nacionais e foi olímpica en Londres.










Leire Olaberria practicou atletismo  ata os 26 anos, facia probas de velocidade con gran éxito en categorías inferiores, e con 15 anos batiu o récord nacional dos 100 m. da categoría xuvenil que ainda perdura.
Un día o seu mozo levouna ao velódromo de Anoeta, empezou a pedalear e xa non deixo a bicicleta, conseguindo entre outros moitos logros un Bronce olímpico, mundial, e varios títulos nacinais.








Mario Mola é un dos máis xovenes e mellores triatletas do mundo, ata fai pouco tamén facia atletismo ganando incluso un campeonato de España de cros, e as federacions de atletismo e de tri o disputaban.
Estos últimos anos conseguiu varias madaias en mundiais e europeos de triatlón.














Tamén podería falar da Aitor Osa, ciclista vasco que agora participa en carreiras de montaña con excelentes resultados, pero claro, no deu dia estivo implicado na "operacion puerto" contra a dopaxe, e como corredor de montaña tamén dou positivo por EPO.
Nada máis que engadir.








Ana Torrijos é unha atleta olimpica campiona de España en en varias ocasions en 60 e 100 vallas. 
A causa dunha lesión, e animada por unhas amigas empezou a practicalo Rugby a 7, e os seus inicios foron fulgurantes xa que en pouco tempo foi fichada por un clue e chamada para unha convocatoria polo seleccionador nacional.
Na súa infancia temén practicou a ximnasia ritmica chegando a ser campiona de España co seu club.









Ademais de todo isto hai que decir que é unha rapaza moi guapa e ben feita que ainda tivo tempo para posar para a revista Interviu.







Teño máis.
Outro dia sigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario