Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



xoves, 16 de outubro de 2014

Un rato con curiosidades do atletismo XIII






Seguimos con mais hitorias de atletas que metidos en outros deportes









Lena Berntsson é unha velocista internacional sueca, foi campiona nacional en 60 m. e 60 vallas, e a causa dunha lesion  xeonllo a sua irmán foina introducindo no mundo da altertofilia,  e gustoulle, porque apartir de ahi a rapaza compaxinou os dous deportes, chegando incluso a competir nuns europeos de atletismo e alterofilia con un mes de diferencia entre eles. Unha rapaza ben forte. Tamén foi selecionada para participar nuns mundiais de alterofilia en representación de Suecia







Yelena Isimbayeva e mundialmente coñecida pola sua grandisima traxectoria como atleta, pero ata os 14 anos estivo practicando a ximnasia, según as suas palabras o seu soño era ser ximnasta olímpica. Bueno, o caso é que como con 14 anos estaba moi alta tivo que abandoar o seu soño de nena e seguindo o consello do entrenador pasouse ao atletismo. Anos máis tarde Isimbayeva tivo un bonito detalle e agradeceu o consello regalandolle un apartamento ao tipo este. Ademais segun parece o seu pasado de ximnasta foille moi útil á hora de pasalo listón.










Ainda que na pista e unha superclase tamen hai quen di dela que é un pouco arrogante e que vai de diva pola vida, xa que di cousas como que "nunca me relaciono coas rivales porque non creo na amistade entre persoas que loitan por un lugar mellor"  ou tamen  "si tivese rivales máis fortes, eu seria mellor"  Ou esta outra  "solo o ceo é o meu límite"  
Un pouco chulita si que parece, a parte de defender publicamente a lei do presidente Putin que reprime a homosexualidade 







Outra curiosidade, segun parece cando compite a sua táctica e así: 
A primeira altura e de toma de contacto e quecemento, a segunda para consegula victoria e a terceira para batir o record. Así de fácil, ¿como non se lle ocurriria a ninguén antes?. Ademais para cada fase ten unha pertiga de un color diferente, a primeira de color rosado, a segunda celeste e a terceira dorado. Carallo que lista, así non se confunde.









Outra atleta que tamén practicou a ximnasia de rapaciña  foi Susen Tiedtke, esta chegou a ser campiona nacional de ximnasia en barra de equilibrio, corria o ano 1982 e vivía na Alemania do Este, motivo polo que non puido ir como ximnasta a os Xogos Olimpicos dos Anxeles 84, xa que como e sabido os paises comunistas boicotearon  ese acontecemento.
Despois pasouse ao atletismo especializandose no salto de lonxitude, e ahí si foi duas veces olimpica, e tamén gañou duas medaias en mundiais  Ainda que no ano 95 como tantos outros dou positivo nun control anti dopaxe









Aproveitando o seu tiron mediatico, e que tamén etá de bon ver,  rentabilizou a sua imaxe como fixeron outras moitas deportistas posando para a revista Playboy














A mozambiqueña Maria Mutola foi durante varios anos a gran dominadora do 800 a nivel internacional, ten nove mundiais e un ouro olimpico. Bueno, o caso e que na sua adolescencia parece ser que era unha boa xogadora de fútbol, e despois de retirarse do atletismo decidiu que quería volver a darlle ao balón. Meteuse nun equipo sudafricano donde parece ser que se incha a meter goles. Ela di que é como Cristiano Ronaldo








Outro día máis
































Ningún comentario:

Publicar un comentario