Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



domingo, 2 de novembro de 2014

Un rato con curiosidades do atletismo XIV










Seguimos con mais hitorias de atletas que practicaron outros deportes






Marion Jones e outra estrela do atletismo caida a causa do doping. Nos seus inicios compaxinaba este deporte co baloncesto, e non era mala, chegou a ser campiona da  NCCA en 1994 con Carolina do Norte. Como é sabido decidiu dedicarse plenamente ao atletismo e empezaron a vir os triunfos, as medaias, os cartos, e a fama ofrecendo a sua imaxen para varias marcas. Despois veu  a sua caida a causa do dopaxe, recoñecendo públicamente que facía trampas, quedando así sin titulos nin medaias, na ruina e con unha sentencia de seis meses de prision e dous anos de libertad condicional.




 
Despois tivo a sorte de poder volver a xogar  duas tempadas ao baloncesto, e según parece non lle luciu moito o pelo no seu regreso, xogaba pouco e non tiña bos números, pero valeulle para facer uns cartiños xa que estaba case na ruina, os abogados xa se sabe como cobran. Tamén publicou un libro coa sua historia e seguiu facendo máis cartiños 





Poi ben, esta rapaza tan lista estivo relacionada con  Tim Montgomery, outro listo, e entre os dous facian unha boa parella de sinvergonzas.
Montgomery tamén xogou ao baloncesto na sua época de estudante, pero finalmente decantouse polo atletismo e chegou a ter o record do mundo dos 100 m., record que lle foi retirado tras demostrar que se dopaba. Segun el mesmo conta,  a feliz parella gardaba as drogas coas que se dopaban no frigorifico ao lado das verduras. Tomar verdura é moi sano.
Agora Montgomery está cumplindo condena por venta de heroina e falsificación de cheques






O fútbol americano e outro deporte donde intentan probar sorte algúns atletas.
Dwain Chambers foi un deles, como tiña varias medaias en mundiais e europeos e un positivo por doping decidiu probar fortuna, sin moito éxito tamén hai que decilo. Parece ser que corría moito pero non agarraba unha pelota, e así claro...non había maneira.










Frank Emmelmann era un alemán larguirucho que foi o último gran velocista branco ata a aparición de Lemaitre. Con varias medaias en europeos e mundiais en europeos quixo probar con eso do fútbol americano, pero despois de levar unhos poucos mamporros decidiu deixalo e marchar para a casa para levar unha vida máis plácida










Renaldo Nehemiah foi o primeiro atleta en baixar de 13 segundos nos 110 m. vallas, tamén era un excelente atleta en 100 e 200 lisos. En 1982 ficha por un equipo de fútbol americano e o certo é que lle foi moi ben, xa que ganou unha Super Boul, que según parece iso é a repera, e tamén algúns cartiños xa que por aquel entón o atletismo era amateur. Despois de esta etapa volveu a competir como atleta, aínda que tivo que pleitear para que o volvesen a considerar amateur.





A outro ao que lle foi nada mal no fútbol americano foi a Bob Hayes, este era un excelente velocista dos anos 60, conseguiu dous ouros olímpicos e varios campeonatos USA. Despois estivo once anos xogando ao futbol americano na NFL, dez deles no mesmo equipo, co que conquistou unha Super Boul en 1971.
Tas a sua retirada meteuse en lios de drogas e alcohol e estivo na carcel.
 En 2002 morreu con 59 anos



Outro día máis







Ningún comentario:

Publicar un comentario