Seguimos.
Jackie Joyner-Kersee é considerada por moitos a mellor e mais completa atleta do seculo XX. No seu haber ostenta varias medaias mundiais e olímpicas tanto en heptalón como en salto de lonxitude, ademais é a plusmarquista mundial de heptalón e tamén a segunda mellor marca de todolos tempos en lonxitude. Tamén adoitaba competir en 100 lisos e 100 vallas de forma individual.
Pois esta muller dende o ano 1980 ata o 1985 compaxinaba o atletismo co baloncesto, donde era unha considerada unha das grandes figuras do deporte universitario, entre as 15 mellores. En 1996, na sua decadencia como atleta, ofreceronlle un contrato para volver ao baloncesto xogando na liga profesional dos Estados Unidos, pero ahí non tivo moita sorte, non xogou moito, e os seus números non foron moi bos. Pero tampouco é cousa de quitarlle o mérito
Frankie Fredericks é un tipo dos que da gusto ler a súa biografía.
Naceu en Namibia nunha familia humilde, pero eso non impediu que o seu obxetibo prioritario na vida fose o de recibir unha boa educación.
Puido ir a estudiar aos Estados unidos destacando como atleta, e no verano regresaba ao seu país para traballar nunha mina. Conseguiu duas medallas olimpicas, as únicas do seu pais, e é o terceiro atleta que máis veces baixou de 10 segundos nos 100 m.
Un dato a ter en conta, pagaba do seu bolsillo os seus desplazamentos e os dos seus preparadores, xa que o seu pais era pobre e consideraba que habia cousas máis importantes en que empregar os cartos. Tamén era coñecido pola sua cabaleirosiedade, educación e boas maneiras, algo que nas probas de velocidade non se ve moito, máis ben o que abunda son os fanfarróns
Un dato a ter en conta, pagaba do seu bolsillo os seus desplazamentos e os dos seus preparadores, xa que o seu pais era pobre e consideraba que habia cousas máis importantes en que empregar os cartos. Tamén era coñecido pola sua cabaleirosiedade, educación e boas maneiras, algo que nas probas de velocidade non se ve moito, máis ben o que abunda son os fanfarróns
Tommié Smith e Jonh Carlos foron uns excelentes velocistas estadounidenses dos anos 60 que tamén xogaron ao futbol americano na NFL, nos Cinncinatti Bengals e nos Philadelphia Eagels respectivamente.
Pero tamén son protagonistas de outra bonita hiostoria.
Nos xogos de Mexico na proba de 200 m. Tommie gaña o ouro e Jonh o bronce e no medio colase o australiano Peter Smith. Ata aquí todo normal.
Estabamos en pleno auxe do Black Power e estes atletas negros suben ao podium descalzos e con calcetins negros, portando tamén unha insignia do Proxecto Olimpico polos Dereitos Humanos, o australiano Norman tamén portaba a insignia en solidaridade cos seus compañeiros e rivais.Tom levava uns guantes negros, pero Jonh olvidaraos polo que o australiano suxeriulles que cada un puñera un guante. Así cando sonou o himno lenantaron o puño enguantado e baixaron a cabeza. Foi un escandalo e o público abucheou o xesto. Despois dabido ás presións foron expulsados do equipo, e de regreso a EEUU foron ignorados, despreciados e amenazados, Un tempo despois pasaronse a NFL a xogar ao fútbol ese que xogan alí. Afortunadamente co paso do tempo empezaronlles chegar os recoñecementos e na actualidade incluso teñen unha estatua na universidade de California.
Para o australiano Peter Norman, que os apoiou en todo momento, as cousas tampouco foron fáciles. Recibiu unha reprimenda polo comite olimpico do seu pais e posteriormente foi marxinado a pesar de ter boas marcas, e a prensa tamén lle fixo o vacío.
Morreu en 2006, Tom Smith e John Carlos acudiron para ser dous dos portadores do seu féretro
Ningún comentario:
Publicar un comentario