Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



sábado, 22 de novembro de 2014

Un rato con curiosidades do atletismo XVI




Esto dos atletas relacionados con outros deportes estame dando moito de si.




Agora vou falar de este paxaro  que se lle dou polo fútbol.

Ben Jonhson, Un dos atletas mais coñecidos mundialmente, Naceu en Xamaica e con 14 anos emigrou coa súa familia a Canada, e alí convertiuse nunha estrela do atletismo, pero si por algo será recordado é por ser a primeira gran estrela atlética en ser collida co cu ao aire nun caso de dopaxe. Entrou primeiro na final dos 100 m. en Seul 88 e dous dias despois saliu o positivo. Hoxe, por desgracia, xa casi estamos afeitos a estos casos, pero por aquel entón a noticia fora un escandalo inmenso. Volveu a dar positivo no 93 despois de cumplila sanción, e en esta ocasión foi sancionado de por vida e retiraronselle todolos seus titulos. Algúns incluso queriano botar de Canadá. 


O caso e que como de algo hai que vivir andivo correndo carreiras contra cabalos e coches, e en 1997 convertiuse en entrenador persoal de Diego Armando Maradona para preparalo para o mundial donde Maradona  dou positivo. Duas  boas patas para un banco. Máis tarde foi contratado para entrenar persoalmente ao fillo do dictador libio Gadafi, o chaval quería ser futbolista, tiña esa ilusión, e chegou a xogar no Perugia en Italia pero despedirono por non pasar un control anti-doping.







Anezka Drahotova e a sua irmá xemelga Eliska son duas excelentes marchadoras checas casi adolescentes, mirando para elas casi da ganas de darlles un bocadillo de nocilla polo flaquiñas que están, pero non hai que deixarse enganar pola sua fráxil apariencia xa que son uns portentos físicos,sobre todo Anezka, a máis exitosa das irmáns






Anezka xa conseguio ser septima en categoría absoluta nos 20 km. marcha do mundial de Moscú, e ademais tamén conseguio proclamarse campeona de Europa Junior,na mesma proba  a súa irmá Eliska foi terceira. En estos memos campeonatos Anezka tamén competiu en 3000 obstáculos acabando na  novena posición.








Anezka foi bronce en 2014 nos capionatos de europa nos 20 km. marcha en categoría absoluta, tamén posue a mellor marca mundial de 10 Km. marcha en categoría junior, e por si fora pouco en 2012 foi septima no campeonato mundial junior de carreira de montaña. 
As rapazas tamén participan en carreiras en ruta standard como medias maratóns, Anezka  ten unha marca de 1 h 14 m. 25 s.
Segun o seu entrenador as rapazas son boas en calquera actividade que dure máis de dous minutos. E non se engana moito.








Pois ben estas rapazas que empezaron xogando ao fútbol tamén practicaron outros deportes como o esqui ou triatlón, destacando sobre todo en ciclismo, donde de novo Anezka conseguio ser internacional debutando en 2013 no mundial de ciclismo en ruta, ali acadou a 19 posición en categoría junior. En este ano  2014  nos campeonatos checos de ciclismo acadou a medaia de bronce en categoria absoluta, mentras a sua irmán Eliska foi duodécima










 En España temos tamén unhas xemelas, e que tamén se dedican a montar en bici, son as irmáns Tamara e Amaia Sanfabio. Son máis veteranas e non chegan ao nivel da checas, e elas din que collen a bici principalmente para facer traballo de cardio. 









Tamara é a máis proclive a esta actividade xa que no seu tempo libre fai algun duatlón ou incluso triatlón. E tampouco lle foi mal  con este sistema xa que en 2011 foi campiona de España de maratón.
Esto de falar de xemelos lembroume un par de historias que contarei máis adiante....









Cristina Gonzalez actualmente é a mellor ultrafondista española, Pois esta rapaza de natural Vilagarcía de Arousa xogou ao baloncesto ata os 21 anos, e tiña bo nivel xa que chegou a xogar na primeira división. Desois botouse a correr e xa non parou, casique literalmente. Agora é capaz de correr 100 km. en pouco mási de 8 horas











Estos dias estaba en Qatar correnedo ali o mundial de 100 km. en ruta, pois a pobre da rapaza tivo que correr con roupa de home que o seleccionador lle coseu no ultimo momento para axustala ás suas medidas, e todo porque os señores de por alí dixeron no ultimo momento que as equipacións femeninas eran ofensivas para as suas creencias.

As atletas teñen que aguantar porque non todolos días che dan a oprtunidade de participar nun mundial, e a ilusión pode máis que as ganas de mandar á merda a algún. O que é repugnante é que as federacións e directivos traguen co que sea por cuestións puramente económicas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario