Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



luns, 2 de febreiro de 2015

Un rato con curiosidades do atletismo XXI




Como prometín hoxe traeo un par de historias sobre irmáns xemelgas.
A primeira é unha historia que ben podería servir de guión para unha de esas peliculiñas que botan en Antena 3 os domingos polas tardes.
A cousa seria así



Basada en echos reales.
Titulo: Separadas al nacer 
Argumento: Unha muller drogadicta trae ao mundo a duas rapazas xemelgas, esta moza desentendese das suas fillas que van a parar a un horfanato, alí, con apenas meses de vida son separadas cando unha delas é entregada en adopción, a outra en cambio criase nos horfanatos. E por raro que parezca viven durante 17 anos na mesma cidade e no mesmo barrio ignorando cada unha a existencia da outra, pero un día coinciden nun evento e.... coñencense

Fin





Pois así foi. Tal cual.
Estas duas rapazas chamanse Robin e Jordan e viven no mesmo barrio de Washingtom, as duas practicaban atletismo e un día alá polo 2013 coincidiron competindo na mesma pista, alí son confundidas reiteradamente polos seus amigos, que empezan a flipar e comentar entre eles o increible parecido das rapazas. Elas dende a distancia sinten curiosidade, e  de vez en cando acercanse para mirase de reollo, os mesmos ollos verdes, a mesma sonrisa, incluso a voz se parece...


Unha amiga dende a infancia de Robin comentoulle a Jordan que esta apelidabase Jeter, Jordan sabia que ela foi adoptada e tamén que tiña algún irmán máis, tamén coñecía o seu antigo apelido que xustamente era Jeter. Según parece a rapaza botouse a chorar ao decatarse que Robin era a sua irmán
Despois da competición as rapazas falaron entre si e fixeronse moi boas amigas.
Agora andan á procura de outros irmáns e seica xa atoparon a catro





Ahí vai outra historia de xemelgas, pero esta vez menos ñoña e con un pouco mais de malicia.



Estas duas rapazas do chandal oscuro son as irmáns Madeline e Margaret de Jesús, atletas portorriqueñas  dos anos 80.
Pois ben, nos xogos dos Anxeles 84 Madeline formaba parte do equipo que tiña que correr o relevo de 4x400, pero lesionouse, e como a sua irmán andaba por alí de espectadora ocurriselle que podería ela remplazala sin que ninguén se dira conta. E así o fixo, Margaret puxo a equipación e o dorsal da irmán e correu o relevo e Porto Rico clasificouse para a final, o que pasa que había por alí un periodista que as coñecía ben e denunciou o cambiazo. Porto Rico foi descalificado.
As irmáns non deben estar moi orgullosas do acontecido (como é normal) xa que apenas se poden encontrar na rede datos sobre elas, Eu para encontrar esta foto vinme negro


Ainda teño máis historias de  atletas xemelos, irmans etc...
Outro día sigo


Ningún comentario:

Publicar un comentario