Hoxe en día a proba de maratón esta dominada por atletas africanos, principalmente kenianos, son moitos os maratóns donde a organización conta con estos atletas para darlle máis calidade á proba. E todos estamos afeitos a velos en cabeza de calquera maratón. O raro e ver un atleta branco, tanto que hai quen ainda que o vexa non o cree
No ultimo maratón de Buenos Aires en Octubre de 2014, á altura do km. 37 a proba esta sendo dominada polos atletas kenianos Julios Karinga e Peter Muasya, todo parecía normal ata que apareceu un atleta blanco que se pon á altura dos kenianos e os adelanta en un abrir e cerrar de ollos, entón dende o coche de dirección de carreira pensaron que era un intruso e botanlle unha bronca berrandolle "Salí de la carrera. Salí. No te metás que es una carrera."
O atleta era o arxentino Mariano Mastromarino, quen en principio sorprendeuse polos berros, pero que acabou ganando a proba en 2h15m.28s., marca discreta a nivel mundial, pero que para el supuxo a sua mellor marca persoal, e unido a que os kenianos acabaron desfondandose fixo saltar a sorpresa e un arxentino volveu a gañar en Buenos Aires despois de 10 anos.
Imaxino que aos organizadores do maratón de Buenos Aires pasariaselles pola cabeza a entrada en meta de Berlin 2013, cando Wilson Kipsang bateu o record mundial, pero no momento en que entraba en meta un espontaneo entrometeuse diante del rompendo a cinta antes e escarallandolle a foto e a entrada triunfal
Tamén en Octubre de 2014 celebrouse na cidade india de Bangalore un maratón e simultaneamente un medio maratón, donde tamén se diron algunhas meteduras de pata por parte dos organizadores.
Tres atletas ian liderando a proba de media media maraton, a eso da altura do km. 16 o coche que os guiaba equivocase e os leva case 4km en dirección contraria, cando se decatan os tres atletas, xa sin opcións, deciden abandoar. Pero o coche da organización negase a trasladalos ata meta, polo que os pobres desgraciados teñen que dedicarse a pedir cartos aos viandantes para poder regresar en autobus.
Outro día máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario