Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



sábado, 3 de xaneiro de 2015

Un rato con curiosidades do atletismo XIX




Oscar Pistorius non pode sair do carcere por que non ten nocellos.





Como é popularmente sabido o famoso Oscar Pistorius é un atleta que sufre unha dobre amputación das pernas, está especializado en probas de 100, 200, e 400m. Para elo utiliza unhas protesis de carbono moi polemicas e discutidas, xa que hai quen asegura que estas protesis danlle ventaxa,  e non debería competir fora do grupo no que se encadran casos casos como o seu. Un exemplo que se usa moito en contra de estas prótesis o de como si a un nadador amputado lle permitisen usar aletas.









O caso é que para poder participar en calquer tipo de competición Pistotius tivo que acudir ao Tribunal de Arbitraxe Deportivo donde lle deron a razón.
E así puido participar nos mundiais de Daegu na proba dos 400m. e no relevo 4x400 donde acadou a prata. Tamén estivo nos Xogos de Londres chegando a semifinais nos 400m.







E así todo ía ben, ata que unha noite que estaba na casa coa sua parella, escoitou un ruido e o rapas colleu medo, e como tiña unha pistola a man, pois  puxose a disparar que para eso son as pistolas, por desgracia o ruido sobre o que disparaba era a suá moza, matandoa así involuntariamente 
Pistorius foi condeado a cinco anos de prisión por homicidio,







El solicitou que se lle concedese o beneficio de prision domiciliaria, pero resulta curioso que non llo poden conceder por que non ten nocellos, e polo tanto non pode levar o brazalete de seguridade que se usa para tal efecto. Así pois agora está no carcere, ainda que según parece goza de algúns beneficios e un trato especial, pero el ten a intención de insistir, xa que o feito de non ter nocellos non é motivo para estar no carcere, e así intentará cumprila sua condena nunha mansión que ten o seu tío, que seguro estará un pouco máis cómodo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario