Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



martes, 9 de decembro de 2014

Un rato con curiosidades do atletismo XVIII



No ultimo repaso que fixen sobre pistas de atletismo con algunha rareza, non mencionei as pistas do estadio de riazor que teñen unha moi particular. Estas pistas xa non teñen utilidade para a practica do atletismo, como é sabido a causa debese á reforma que se fixo no ano 1996. Hai quen di que coa reforma as pistas desapareceron, pero estar están ahí, con un elemento moi particular. E podense ver.






O caso é que no seu día o estadio de Riazor orixinalmente tiña unhas excelentes instalacións para o atletismo,  donde se chegaron a celebrar algunhas competicións de gran nivel con atletas de categoría como o mediofondista marroqui Said Aouia, ou tamén o asturiano Coloman Trabado, que vestiu os colores do Deportivo da Coruña formando parte da xa extinta sección de atletismo que o club de fútbol da cidade chegou a ter






O estadio de Riazor nace con vocación atlética, e unha curiosa prova é ese elemento particular do que falaba, a torre de maratón, esta torre actualmente quedou fora do recinto, pero ata fai pouco estaba situada en plena grada e en algun momento servíu para colocar o marcador.






 Pero a sua existencia ten outra razón de ser, o arquitecto pensou que os seus 45 metros de altura serian un mirador privilexiado para seguir as practicas atléticas, e sobre todo a proba de maratón, que discurriría pola cidade e acabaría maxestuosamente no estadio.








Ao final a torre resultou ser un armatroste inutil xa que había moitas escaleiras a subir e ningunha maraton que ver. Vexase a foto do interior da torre. En calquera caso a torre é o único que queda en pé do estadio orixinal, e tamen un curioso elemento relacionado co atletismo.













 Pero non único, xa que como antes non habia televisión, non era extraño que nos estadios se edificasen estas torres co obxetivo de poder seguir a distancia a proba de maratón.
Ahí van alguns exemplos
En Castellón teñen unha torre maratón que pertencía ao antigo estadio de Castalia, como dato curioso decir que a torre mide 42, 195m.









 No estadio olímpico de Helsinki  existe outra curiosa torre de maratón, esta ten un altura 71,72m. xa que esta foi xustamente a distancia que lanzou o xavalinista finlandés Martti Jarvinen nos xogos de 1932 en Los Ángeles donde se proclamou campeón olímpico. En Finlandia a xabalina levanta pasións, e seguese por multitudes, de ahí ven o curioso homenaxe da torre.





En Italia, no estadio Renato Dall'Ara en Bolonia, teñen un autentico armatroste de torre maratón, mide 42 metros de base por 42 de alto, esta dividida en seis niveles con varias dependencias e tamén con duas terrazas a distintas alturas, a torre consta de dous ascensores.








Esta torre utilizouse para a simbolxía fascista, no seu mastil chegose a colocar unha enorme bandeira de 100 m. cadrados, e o arco da sua base acolleu unha estatua ecuestre de Mussolini. Actualmente entre outras funcións a torre utilizase para albergar unha antena de radio.










Tamen en Italia no estadio Comunale de Turín, existe outra torre maratón, hoxe en dia está moi modernizada despois dos xogos de inverno de 2006, pero orixinalmente en 1933 podíase ler nas sus paredes o nome de "Estadio Mussolini"


Ningún comentario:

Publicar un comentario