Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



mércores, 3 de decembro de 2014

Un rato con curiosidades do atletismo XVII




Hoxe vou facer unha nova recopilación de pistas de atletismo que teñen algunha curiosidade.
En esta entrada deixei fai tempo algunha máis 
http://ratonalquimista.blogspot.com.es/2014/03/un-rato-con-curiosidades-do-atletismo.html










Empezamos con esta, que é unha das máis famosas e pertence á escola número 2 de Tiantai, na provincia de Zhejiang en China, mide 200 metros de lonxitude










Esta situada na azotea do colexio, o que posibilita ter instalacións ainda que non se dispoña de terreo. Tamén ten unha cancha de baloncesto.














Esta tamén está en China, Tamén pertence a un colexio e como salta á vista tamén esta situada nunha terraza.
Está na azotea dunha escola en Shenzhen, aquí un requisito moi importante é o de correr sempre na dirección adecuada, hacia a torre que vemos na parte inferior da imaxe, xa que unha pasada de frenada en sentido contrario pode traer graves consecuencias


















Mais de pistas chinas, esta está situada na azotea do instituto de Putian








Como pode verse aquí aproveitaron o interior das pistas para colocar canchas para a práctica  de outros deportes








Pero estos chinos que son xente moi lista a vaces tamén meten a pata.
En Heilongjiang, no condado de Tonghe, (eso queda segun se entra en China a man dereita, despois do sémaforo) estaban facendo unhas pistas, pero entroulles a prisa por acabar xa que ían recibila visita duns altos dirixentes, e como facelas curvas daba moito chollo decidiron facela en esquina.








Así fixeron a primeira pista rectangular do mundo, e tamén hai que decilo, inutil para a práctica do atletismo











Nos Estados Unidos, en California, está o Student Recreation & Wellness Center, Esto son unhas instalacións deportivas con ximnasio,












 Pois no interior do ximnasio existe unha pista de atletismo, de tamaño reducido eso si, para os usuarios das instalacións.














Por aquí máis cerca temos en Figueres unha pista que ten a curiosidade de que en unha das suas curvas alberga un heliporto, que utilizan os helicopteros para os traslados de servicios médicos






Esta tamén é moi chula.
Bueno en realidade é unha pista americana, de esas que usan habitualmente os militatres para facer os seus entrenos e tonterias. Sempre hai que estar en forma por si toca sair a pegar tiros





E para rematar (de momento) vou poñer unha das pista máis chamativas, fermosas e integradas no entorno, ë a pista de Tussols-Basil en Olot, Girona













Está plantada, nunca mellor dito, no medio de unha carballeira, o problema que lle vexo é a imposibilidade da practica dos lanzamentos de disco, martelo, e xabalina. 













Pero bonita si que é

Ningún comentario:

Publicar un comentario