Na última entrega sobre atletismo falaba de irmáns xemelgas, pero na actualidade a nivel mundial os atletas xemelgos mais coñecidos son os irmáns Kevin e Jonathan Borlée, atletas belgas especialistas en 400 m. lisos, algo que está moi ben, porque como son cuspidiños así é máis fácil diferencialos porque cada un corre pola súa calle,
Estes rapaces acompañados do seu irmán pequeno que se chama Dylan (e tamén de outro atleta chamado Julien Watrin) fixeron historia ao ser a primeira vez que tres irmáns gañaban un ouro na mesma proba de relevos. Foi 4x400 nos europeos de pista cuberta en Praga, e ademais tamén batiron o record europeo da proba.

Pero antes, en 2013 nos mundiais de Daegu, xa fixeran historia cando por primeira vez tres irmáns tomaron parte na mesma carreira de un campionato mundial, e ademais clasificaronse para a final.
Estes rapaces son dunha familia de sete irmáns, os pais das criaturas tamén foron atletas de 400 m. a sua nai Edith corria a distancia en 54.09 s. e o pai foi atleta olimpico e subcampeón de Europa en 1983.
A irmán maior, Olivia, tamén é unha excelente atleta a nivel mundial, foi prata nos Xogos Olímpicos de Pekín no relevo de 4x100 e bronce no mundial en 2007.
O entrenador de todos estos rapaces é o seu pai, así todo queda na casa.

Beno, agora subimos o listón e traeo unhas trillizas.
Estas rubias da foto son atletas maratonianas, chamanse Leila, Liina e Lily, O que xa non sei é a cal delas lle corresponde cada nome.

Pois ben, estas rapazas son as irmáns Luik, son de Estonia e fixeron hitoria ao ser o primeiro trio de irmáns (encima trillizas) que participa nuns europeos na mesma proba, competindo entre elas, non como nos relevos. Ocurriu nos europeos de Zurich. Elas eran tres das catro participantes do equipo de Estonia na proba de maratón. Como pode verse tamén usan esas medias de compresión que están tan de moda, e para evitar lios e confusións póñenas distinta cor.

Tamén como curiosidade decir que son unhas excelentes nadadoras, e nos ultimos anos traballan como socorristas durante o verano.
Como é lóxico estas rapazas din que a sua ilusión é participar nos Xogos de Rio
Outro día máis
Ningún comentario:
Publicar un comentario