Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



xoves, 2 de abril de 2015

Un rato con curiosidades do atletismo XXIII






Máis historias de xemelgos.






Chile ten dous marchadores de nivel mundial, son os irmáns Edward e Yerko Araya, estiveron nos xogos de Londres, e tamén os poidemos ver nos mundiais de Moscú así como en moitas grandes citas internacionais. Como curiosidade apuntar que Yerko compite habitualmente na distancia de 20 Km. mentras que Edward está especializado nos 50 Km. marcha










Tamén en marcha temos aos portugueses Joao e Sergio Vieira, poidemolos ver nos ultimos europeos e tamén nos mundiais de Moscú donde Joao acadou a cuarta posición.







Ayman e Sholpab Kozhakhmetova tamén son xemelgas e tamén marchadoras, como domino idiomas direi que en realidade chamanse Айман Кожахметова e Шолпан Кожахметова, son de Kazaxistán e participaron nos xogos de Londres así como en mundiais e europeos. Aiman é a que mellores marcas e resultados ten, e tamén a que dou positivo por EPO e testosterona








E si falo de marchadoras xemelgas non podo pasar sen volver a lembrar a estas rapazas  das que xa falei  aqui
Son Anezka Drahotova e a sua irmá xemelga Eliska  duas excelentes marchadoras checas e tamen multideportistas






Jake e Zane Robertson son como o Zipi e Zape do atletismo, xa que Zane ten o pelo tintado de negro mentras que Jake é rubio. Eles compiten en probas de 5000 e 10.000 m. e son novacelandeses, pero viven e entrenan en Kenia dende 2007, xa que tras enteblar amistade en Xapón con un grupo de kenianos decidiron que querían averiguar como entrenaban estos tíos e foronse para aló.





Ninguén daba un peso por eles e tachabanos de tolos, pero alí seguen, no famoso  Val de Rift, entrenando duro nun entorno de privacións, levando unha vida sen comodidades donde a veces incluso teñen escasede de auga, e ainda encima sin whatsapp nin telecinco. Pero eles están contentos en non se plantexan regresar, gañaronse o respeto dos atletas locais e non lles vai mal en canto a resultados, xa que soen representar ao seu pais nas competicións internacionais.




En Eslovakia teñen as irmáns Veldakova, entre elas existe un gran vinculo fraternal que fai que coincidan en moitas cousas, incluso en ese pelo tan raro que teñen como o de unha kika. As duas son saltadoras, pero non coinciden na proba xa que Jana  fai lonxitude e Dana triple.





Por Suecia temos a Susanna e Jenny Kallur, excelentes atletas especialistas en 100 vallas. Naceron en Etados Unidos xa que o seu pai estaba xogando alí ao hockey profesional e ainda que teñen a doble nacionalidade dedidiron competir por Suecia. Nos europeos de Madrid en 2005 Susanna foi oro e Jenny prata en 60 vallas indoor. Tamén como curiosidade decir que en 2007 ambas atletas sufriron a mesma lesión e foron operadas na mesma semana.






Ningún comentario:

Publicar un comentario