Acabo de facer unha guitarra tipo dobro, e para demostralo vou poñer un par de fotos do proceso de fabricación.
Para esta labor tiven que aprovisionarme de todolos materiais necesarios, seguindo o criterio de gastar o menos posible e de fabricar eu mesmo todalas pezas que poidese.
Aquí deixo o inventario das pezas e materiais utilizados:
Madeira 0 euros ( reciclada, estou en contra da deforestación)
Trastes 3 euros
Alma 10 euros
Diapason 19 euros
Celluela y selleta 3 euros (non usados)
Clavilleiro 8 euros
Outro xogo de trastes 6 euros (por listo, os primeiros non valian)
Tailpiece 16 euros
Cono 12 euros
Aceiro Inox 50 euros
Pastilla 3 euros (non usada)
Cordas 0 euros (viñeron de regalo co diapasón e o alma, por facer moito gasto)
As fotos estan por orden cronolóxico e levan debaixo unha breve explicación.
Empezamos.
 |
Collo o pao do largueiro dunha cama
para facelo mastil da guitarra |
 |
| doulle un corte a 15 grados |
 |
corto ao medio lonxitudinalmente a peza pequena
para facer a pala do mastil |
 |
| cepillo e lixo o corte da peza larga do mastil |
 |
| cepillo e lixo a peza da pala |
 |
inxenuamente empezo a cortar coa serra de
metal a peza que reforzara a pala |
 |
| pero finalmente fago a peza desbastando co cepillo |
 |
| cepillo e lixo a peza |
 |
| marco a lapiz a a sua forma e buratos |
 |
| corto coa caladora |
 |
| pego a pala |
 |
| pego tamén uns tacos para o zoque |
 |
| abro coa circular a canal para o alma |
 |
| marco a silueta do mastil e corto coa caladora |
 |
| fago tamén o burato para acceder ao alma |
 |
| e asi está a cousa |
 |
empezo a desbastar o mastil con cepillo e radial
con disco de lixa |
 |
| cando xa casi está paro |
 |
as partes redondas acaboas con rodillo
de taladro e lixa |
 |
| lixo a man todo o mastil acabando con lixa fina |
 |
| introduzco no mastil un alma de aación doble |
 |
| comprei un diapasón, e agora o pego xunto co embelecedor da pala |
 |
con unha pletina de 50 x 8 mm, un compas e a radial fago unha
plantilla para o radio do diapasón que ademais espero
que me sexa util cando coloque os trastes |
 |
| fago o radio do diapasón a base de lixar |
 |
| vou comprobando que o radio sexa de 9.5 pulgadas, |
 |
agora a cousa está asi peeeeero...
acabo de decatarme de algo |
 |
resulta que me equiboquei de traste, pensaba que iba largo cando en
realidade quedei uns mm corto co mastil. |
 |
e peguei un aumento que queda fatal |
 |
polo que arranco a chapuza xa que teño pensada
outra solución que mais adiante veremos |
 |
cos planos de unha acustica e algunhas fotos de
unha National Style 0 fixen estos dibuxos a lápiz |
 |
un compañeiro meu pasoumo a autocad e e despois cortaronme a laser
unhas chapas de inox de 1 mm |
 |
os aros curbeinos con paciencia e cuidado
de unha tira lisa de 90mm de ancho |
 |
| na tapa do fontal pegolle unha chapa polo interior |
 |
marco unha circunferencia de de radio 10mm
menos que a do exterior |
 |
recorto, limo e lixo as rebabas e quedame a base
donde ira atornillada a tapa do cono |
 |
en un tableiro marco a posición do buratos
da tapa exterior do cono |
 |
| asi os paso á tapa |
 |
| para despois taladrar |
 |
pero antes preparo e fago un mecanismo
rudimentario |
 |
consiste nunha varilla roscada con duas tuercas e
arandelas e tres pezas de madeira cortadas e furadas |
 |
asi de forma sencilla con duas chaves vou
dandolle un pouco forma curbada |
 |
nas pezas de inox teño o centro marcado como referencia
e preparo para soldar a tig |
 |
corto o sobrante dos aros na parte que
vai quedar detras do zoque |
 |
punteo minuciosamente as tapas
e fago a soldadura do aro |
 |
| fago unha soldadura fina por todo o perimetro |
 |
| repaso a soldadura coa radial e discos de lixa moi fina |
 |
| pulo con distintos rodillos e pasta para sacar brillo |
 |
| limpo os restos de pasta e suciedade |
 |
| axusto o zoque contra a caixa, e o presento na que vai a ser a súa posición |
 |
| Bueno, agora furo os buratos do clavixeiro |
 |
| furo e fago as roscas en metrica 4 para a tapa do cono |
 |
| poño uns tornillos con cabeza redonda |
 |
| preparo unha cuña para a unión do diapasón coa caixa |
 |
| presento e comprobo coa regla |
 |
| fago unha pletina en aluminio de 3 mm |
 |
e pegoa no interior para reforzar a unión do
diapasón cando o atornille |
 |
| nunha peza de aluminio marco a silueta do zoque |
 |
| con esa peza marco os buratos no caixa e no mastil |
 |
| preparo uns tornillos mestizos, mitad metrica mitad rosca madeira |
 |
| furo nas marcas do zoque e atornillo |
 |
marco e furo unha peza para reforzar no interior
a unión do zoque coa caixa |
 |
furo a caixa e atornillo dende o interior
con un destornillador e un dado de 10 |
 |
| con un coitelo limpo as ranuras dos trastes |
 |
| ordeno os trastes por tamaño |
 |
poño un taco debaixo do mastil, e utilizo a pletina que
fabriquei e un martillo para clavar os trastes
|
 |
| a pletina funcionou ben |
 |
| os trastes quedan perfectamente clavados |
 |
| pego a cuña que vai entre o diapason e a caixa |
 |
| cando fixen o mastil deixeino un par de mm anho para protexelo de golpes |
 |
| agora o suxeto e desbasto o sobrante e mais axusto os trastes |
 |
| lixo todo acabando con lixa moi fina |
 |
a pletina de aluminio coa que marquei anteriormente os buratos da unión tamén
vai servir para suplementar a mastil que teño corto |
 |
| para iso tamén lle pulin e brillei os cantos |
 |
| con dous tacos e dous tornillos suxeto unha lixa |
 |
| con un rotulador pinto os trastes para ter referencia nas alturas ao lixar |
 |
| cando se borran as marcas os trastes están nivelados |
 |
| protexo con cinta o diapasón |
 |
| a un taco fagolle unha ranura e su xeto con el unha lixa |
 |
| decidome a facer a ponte e a celluela tamén en inox |
 |
| apoiando a ranura coa lixa encima pulo os trastes e coloco a celluela |
 |
esta peza sera o asa da tapa do cono, para facela marco nunha pletina de
inox marco a silueta e plegados |
 |
| recorto coa radial e axusto coa lima |
 |
| sacolle brillo e un amigo meu ma plega |
 |
| con unha brocha doulle barniz ao mastil |
 |
| utilizo barniz tinte ao auga e doulle tres mans |
 |
| como andaba tonto caeume o mastil ao chan cascando a pala |
 |
| e tamén me saltou un traste |
 |
| recorto e lixo a parte que se cascou na pala |
 |
| e volvo a barnizar |
 |
| tamén volvo a colocar o traste botandolle cola |
 |
| empezo a atornillar o clavixeiro |
 |
| e parteme un tornillo |
 |
| quedou metido na madeira |
 |
| co taladro agrando o burato procurando non sairme da marca da clavixa |
 |
| botolle pegamento de dous compoñentes |
 |
| e poño o tornillo |
 |
| coloco o mastil na sua posición e furo o diapasón e o aceiro |
 |
| rosco en metrica 4 e poño dous tornillos embutidos |
 |
| con polvo de lixar o diapasón e pegamento fago unha pasta |
 |
| con esa pasta tapo os tornillos |
 |
| unha vez seca raspo e lixo a pasta e apenas se notan os tornillos ocultos |
 |
para facela peza donde apoiará o cono marco e recorto unha chapa
co diametro da base do cono e punteolle un aro ao redor |
 |
| e agora recorto un cm cara o interior |
 |
| limo e lixo as rebabas e punteo coa soldadura na tapa frontal |
 |
soldo ao centro un tubo de 10 mm
e furo e rosco en metrica 4 no centro do tubo |
 |
O cono tiña pensado facelo eu pero finalmente
compreino e asi é como me chegou |
 |
pero como son bo rapás e ademais está grande
arregleino e recorteino á medida adecuada |
 |
poño o cono na sua base e saco a peza de laton do centro do cono
para roscar unha barilla no tubo que teño debaixo |
 |
agora fago a selleta para o ponte,
limo e pulo unha pletina para quitar as rebabas |
 |
e soldoa nunha peza circular que recortei e furei
para colocar na parte de arriba do cono |
 |
atornillo a pletina que sera a ponte,
a selleta vai retrasada do centro para correxir o herro do largo do mastil |
 |
esta peza tapará o orifico frontal da tapa do cono,
para elo soldeille dous trociños de barilla roscada |
 |
| furo a tapa do cono e atornillo polo interior |
 |
| e coloco todo no seu sitio |
 |
como non me gusta como a estetica da selleta, xa que é moi alta,
fago esta base redonda |
 |
| e recorto e soldo a selleta encima de esta nova base |
 |
| suxeto con unha torca cega |
 |
| e agora gustame máis |
 |
comprei un tailpiece para enganchar as cordas,
e coa plantilla de madeira marco o centro na guitarra |
 |
furo e rosco en métrica 4, e atornillo ao mesmo tempo
o tailpiece e o enganche para a correa que
me fixo en inox un amigo tornero |
 |
| engancho as cordas |
 |
| tenso e afino e xa está |
Fin
Ningún comentario:
Publicar un comentario