Nota

Sultán (o rato) e máis eu (Carp) facemos O RATO ALQUIMISTA



sábado, 12 de decembro de 2015

Un rato mellorando a guitarra



Bueno, estos días estiven facendo unhas adaptacións e melloras  na guitarra que fabriquei,  xa que cono dixen anteriormente o seu sonido era pésimo.
Tamén estiven investigando sobre as guitarras  National e descubrín algunhas curiosidades

unha delas é o seu mastil, que non acaba na caixa
 senon que se prolonga e entra dentrdo corpo do instumento para pasar
por debaixo do cono, favorecendo así a sua resonancia



Outra cousa que descubrín é que algunhas levan unha xunta
 que evita o contacto do cono coa caixa,
 supoño que para evitar vibracións non desexadas




Pero bueno ao que iamos, eu fixen unhas modificacións e para iso tiven que mercar un novo cono, comprei un de 9.5 pulgadas, xa que é o que habitualmente levan este tipo de guitarras O cono veu de USA non de china como o anterior. Eso xa e unha garantia
Pero vamos a ver paso a paso o que fixen



Primeiro saqueina da funda temendo que tal vez sería a ultima vez que poidese admirar a sua beleza, xa que o traballo que ía realizar tiña bastante risco

Quiteille a tapa e saqueillle o cono e a peza metalica ca selleta

Despois preparei un circulo en inox coa medida da base
do novo cono mais dous mm.

Punteolle un aro ao redor e marco un cm. cara o interior

Despois recorto pola marca

Esta será a base do novo cono que ira no interior da guitarra

Para introducir esta base na guitarra marco a sua medida na estructura
 que soportaba o antiguo cono. Hai que cortar con moito cuidado, xa que a marca do corte está a dos mm do frente en brillo que non podo tocar



A marca tamén coincide por detrás dos buratos donde van os tornillos que suxetan a tapa do cono,
 

Agora punteo coa soldadura a base do cono,
pero xa non teño estructura donde atornillar a tapa

Así que teño que facer unha de quita e pon,
para elo fago unha peza repetindo o proceso que xa vimos anteriormente,
pero esta vez o diametro e o do interior da base 

Despois o atornillo facendo unhas roscas en metrica  4
O biscuit que trae o cono tampouco me pasa polo burato da tapa do cono
Asi que marco e rcorto para facerlle sitio

Agora marco, furo e rosco en metrica 4 os novos buratos don de iran os tornillos da tapa

E presento e atornillo a tapa

Preparo a nova selleta, que e de madeira
Tamen teño que facer un suplemento para elevar un pouco a selleta,
xa que senon queda moi baixa

Pero iso me ven moi ben para retrasala selleta,
xa que tamen necesito facelo debido a que teño o mastil corto.
 


Agora suxeto o biscuit poñendo un tornillo por debaixo do cono


E a cousa queda así


Xa que estaba en faena decidín colocarlle unha
pastilla que optei por pegar na parte de abaixo do cono

Fixen un burato do diametro adecuado na parte inferior do aro


Recorto un cartón co diámetro do cono



E fago un aro de uns 15 mm de ancho


Coloco este aro na base para evitar vibracions indesexadas



Coloco o soporte superior


Coloco a tapa


Atornillo a tapa

E poñolle unhas novas cordas de un calibre maior, concretamente do 0.13 ao 0.56
E listo, a guitarra mellorou moito en sonido, ainda que estas cordas esteticamente non me gustan tanto como as que tiña antes.


Por certo, as cordas custaron 7 euros e o cono 40




















Ningún comentario:

Publicar un comentario